Collection: REGLAMENTO 10K´24
XI EDICIÓN. +10k Marín Manuel Rosales.
DATA: Sábado, 27 de XULLO de 2024.
HORA: 20:30 - Pruebas escolares / 22:00 - 10Km.
LUGAR DA SAÍDA:
Avenida de Ourense - Estación de Autobuses.
LUGAR DA META: Calle Almuiña.
DISTANCIA: 10.000m. Homologado.
ORGANIZA: Concello de Marín.
INSCRICIÓN: ata o domingo, 19 de xullo ás 23:59 horas ou ata fin de inscrición:
https://www.carreirasgalegas.com/events/10-marn-manuel-rosales-2024/769N1Rmx
INSCRICIÓN MÁXIMA DE PARTICIPACIÓN:
500 absolutos - 400 escolares
XI Edición 2024
Regulamento.
Data: Sábado, 27 de xullo de 2024.
• REGULAMENTO XERAL
O Concello de Marín organizarán o vindeiro Venres, 27 xullo de 2024 , “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARÍN”.
• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA.
- A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda – Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín.
- Categorías escolares, a categoría de Biberóns (2022-2023-2024), terá que estar no punto da saída as 20:30.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O percorrido terá unha distancia de 10 Km, homologado pola RFEA e totalmente planos, sen desniveis.
• CATEGORÍAS.
- As categorías Biberóns, Pitufos, Prebenxamín, Benxamín e Alevín non serán competitivas, recibirán todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
- O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.
CATEGORÍA MENORES:
▪ 20:40, Carreira Xuvenil /sub18 – 1000m aprox. (2007-2008).
▪ 20:40, Carreira Cadete/sub. 16 - 1000m aprox. (2009 - 2010).
▪ 20:50, Carreira Infantil/Sub 14 - 1000m aprox. (2011 - 2012).
▪ 21:00, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2013 - 2014).
▪ 21:10, Carreira Benxamín/Sub 10 - 500m aprox. (2015 – 2016).
▪ 21:20, Carreira Prebenxamín - 300m aprox. (2017 - 2018).
▪ 21:30, Carreira Pitufos - 150m aprox. (2019 – 2020 - 2021).
▪ 21:40, Carreira biberóns (100 metros) (2022 – 2023 - 2024).
• CATEGORÍA ABSOLUTA:
SAÍDA: 22:00.
- Sub 18/20/23: Nados desde 2002 ata o 2008.
- Sénior: 2001 ata 34 anos..
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
- ABSOLUTA. 3 PRIMEIR@S DA XERAL
*(Os premios da xeral e das diferentes categorías serán acumulativos).
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
*So poderán correr os atletas Xuvenil/Sub 18 na categoría (Sub 18/20/23), por invitación da organización, poñéndose en contacto con esta por correo milerunningclub@gmail.com
• CIRCUÍTO. 10k HOMOLOGADOS
https://spikessc.com/collections/recorrido-10km
• INSCRICIÓNS E PRAZOS
https://spikessc.com/collections/inscripciones-10km
• RECOLLIDA DE DORSAIS:
https://spikessc.com/collections/inscripciones-10km
• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descualificadas.
• SERVIZOS O DEPORTISTA:
https://spikessc.com/collections/servicios-al-deportista
• ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na Alameda Marín.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “Infantil” - “Cadete´´ - “Xuvenil”. Nas carreiras “Alevín – Benxamín” – “Prebenxamin - Pitufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
*As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.
• NORMAS XERAIS.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.
- Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun Chip que se entregará a cada corredor.
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
- A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
• UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento-
• RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
• RECLAMACIÓNS
- As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais
• LOPD
- Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 15008 A Coruña.
• COMPROMISO.
- A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
• CAMBIOS NO REGULAMENTO
- A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
• CONSIDERACIÓN FINAL.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e WA en vigor e por esta orde para probas en ruta.
• PARA MAIS INFORMACIÓN.
- Máis información a través do teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub@gmail.com
• ORGANIZA:
CONCELLO DE MARÍN
-
MARÍN CARREIRAS
- Vendor
- SPIKES STREET CLUB
- Regular price
- €0,00
- Sale price
- €0,00
- Regular price
-
- Unit price
- per
Sold out