Colección: INSCRIPCIONS 10K'25

Proba absoluta:

1º Prazo: - Ten un custe de 10 € a través de www.emesports.es  ata o 13 de xullo ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER ou o propio día da carreira na Alameda de Marín.

2º prazo: - Ten un custe de 15 € a través de www.emesports.es  ata o 20 de xullo ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba. Recollida de dorsais o propio día da carreira na Alameda de Marín.

Menores:

A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse ata o 23 de xullo en www.emesports.es  

OFERTA ESPECIAL PACK CARMIÑA-10K MARÍN

Haberá unha oferta especial para todo atleta que desexe inscribirse nas dúas probas

Carmiña/MiniCarmiña e 10K Marín Manuel Rosales e a fecha límite sería ata o 25 de maio  as 23:59 horas.

 Carmiña/10Km Marín o prezo sería de 18€. 

 MiniCarmiña/10Km Marín o prezo sería de 15€. 

Por 4€ máis os 150 primeiros inscritos do PACK CARMIÑA-10K MARÍN terán a opción de adquirir un cortaventos técnico como agasallo xunto coa bolsa do corredor. 

*Nota (quedan exentos deste agasallo os atletas inscritos con praza reservada).

CLUBS DE ATLETISMO DO CONCELLO DE MARÍN

Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de atletismo de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá prazas para os empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do municipio.

O realizar a inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en www.emesports.es ,  tendo que facer a inscrición antes do 13 de xullo as 23.59 h, a partir do 14 de xullo estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.

PUNTOS DE RECOLLIDA.

Si estás interesado en recoller o teu dorsal nun punto de recollida habilitados para o evento, deberás marcalo no momento de realizar a inscrición.

Este servizo estará habilitado so para os inscritos do primeiro prazo, ata o 13 de xullo.

Os corredores que decidan esta opción, NON TERÁN OPCIÓN DE RECOLLELO O PROPIO DÍA DA PROBA.

O CUSTE DE ESTE SERVICIO SERÁ DE 1€.

  • VIGO: Bikila Vigo.

  • OURENSE: Runmaniak.

  • LUGO: Ndorfina Sports.

  • A CORUÑA: Marathon Running Shop  

  • SANTIAGO: Decathlon Santiago.

RECOLLIDA DE DORSAIS:

Inscricións anteriores a o 13 de xullo.

Tenda MILER (horario comercial), rúa Peregrina 6, sótano, Pontevedra, o martes, 22 de xullo de 17:00 a 20:00 e mércores 23 e xoves 24 de xullo de 2025 de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00. 

Ou o sábado, 26 de xullo de 2025, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos na Alameda de Marín.

Resto de inscritos.

O sábado, 26 de xullo de 2025, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos na Alameda de Marín.

PUNTOS DE RECOLLIDA:  Os corredores que decidan esta opción non terán opción de recollelo o propio día da proba. 

Recollida: martes 22 de xullo ata o sábado 26 de xullo en horario comercial.

 

0 artículos

Lo sentimos, no hay productos que coincidan con su búsqueda.