Colección: INSCRIPCIONS CARREIRA CARMIÑA'25

PROBA ABSOLUTA

1º Prazo: - Ten un custe de 13 € no caso da CARMIÑA e de 10€ no caso da MINI- CARMIÑA, a través de www.emesports.es ata o 25 de maio, ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER (recomendable) ou o propio día da carreira. 

2º prazo: - Ten un custe de 18 € no caso da CARMIÑA e de 16€ no caso da MINI-CARMIÑA, a través de www.emesports.es ata o 1 de xuño ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba. Recollida de dorsais o propio día da carreira.

 

MENORES:

A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse ata o mércores 4 de xuño en www.emesports.es 

Poderán participar atletas federados e non federados.

 

OFERTA ESPECIAL PACK CARMIÑA-10K MARÍN

Haberá unha oferta especial para todo atleta que desexe inscribirse nas dúas probas Carmiña/MiniCarmiña e 10K Marín Manuel Rosales e a fecha límite sería ata o 25 de maio as 23:59 horas.

  • Carmiña/10Km Marín o prezo sería de 19€.
  • MiniCarmiña/10Km Marín o prezo sería de 17€.

Por 4€ máis os 150 primeiros inscritos do PACK CARMIÑA-10K MARÍN terán a opción de adquirir un cortaventos técnico como agasallo xunto coa bolsa do corredor.

*Nota (quedan exentos deste agasallo os atletas inscritos con praza reservada).

 

CLUBS DE ATLETISMO DO CONCELLO DE MARÍN

Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de atletismo de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá prazas para os empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do municipio.

O realizar a inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en www.emesports.es  tendo que facer a inscrición antes do 25 de maio as 23.59 h, a partir do 26 de maio estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista. 


PUNTOS DE RECOLLIDA.

Si estás interesado en recoller o teu dorsal nun punto de recollida habilitados para o evento, deberás marcalo no momento de realizar a inscrición.

Este servizo estará habilitado so para os inscritos do primeiro prazo, ata o 25 de maio.

Os corredores que decidan esta opción, NON TERÁN OPCIÓN DE RECOLLELO O PROPIO DÍA DA PROBA.

O CUSTE DE ESTE SERVICIO SERÁ DE 1€.

  • VIGO: Bikila Vigo.
  • OURENSE: Runmaniak.
  • LUGO: Ndorfina Sports.
  • A CORUÑA: Marathon Running Shop  
  • SANTIAGO: Decathlon Santiago.

 

RECOLLIDA DE DORSAIS.

Inscricións anteriores a o 25 de maio.

TENDA MILER (horario comercial), rúa peregrina 6, soto. Pontevedra, o martes 3 de  xuño de 17:00 a 20:00, mércores 4 de xuño ata o venres 6 de xuño, de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 e sábado 7 de xuño de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

Ou o domingo, 8 de xuño, a partir das 8:30 horas ata 45´ antes do inicio da proba. NO PUNTO DE META. (NUNCA NA SAÍDA).

Resto de inscritos.

NA ZONA DE META. Domingo, 8 de xuño, a partir das 8:30 horas ata 45´ antes do inicio da proba. NO PUNTO DE META. (NUNCA NA SAÍDA).

PUNTOS DE RECOLLIDA: Os corredores que decidan esta opción non terán opción de recollelo o propio día da proba. 

Recollida: martes 3 de xuño ata o sábado 7 de xuño en horario comercial.

 

0 artículos

Lo sentimos, no hay productos que coincidan con su búsqueda.