Colección: REGLAMENTO 10K'26
XIII EDICIÓN. +10k Marín Manuel Rosales.
HORA: 20:30 - Probas escolares / 22:00 - 10Km e 5Km.
LUGAR DA SAÍDA:
Avenida de Ourense - Estación de Autobuses.
LUGAR DA META: Rúa Almuiña (10km) e Rúa do Forte (5km).
DISTANCIAS: 5.000 e 10.000m. Homologado.
ORGANIZA: Concello de Marín.
INSCRICIÓN: ata o domingo, 19 de xullo ás 23:59 horas ou ata fin de inscrición:
INSCRICIÓN MÁXIMA DE PARTICIPACIÓN:
750 absolutos: 10K / 150: absolutos 5K - 400 escolares
REGULAMENTO XERAL.
A +10K MARÍN. Manuel Rosales, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Marín, celebrarase o vindeiro Sábado, 25 xullo de 2026. A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda - Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Rúa Almuiña (Alameda de Marín) e as categorías escolares terán que estar no punto da saída as 20:30.
A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O percorrido terá unha distancia de 10 Km, homologado pola RFEA e totalmente planos, sen desniveis. Este ano contará con un 5 Km tamén Homologado, que discorrerá no mesmo percorrido.
CATEGORÍAS E DISTANCIAS.
As categorías Biberóns, Pitufos, Prebenxamín, Benxamín e Alevín non serán competitivas, recibirán todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.
CATEGORÍA MENORES:
- 20:40, Sub 18 (2009-2010); 1000m aprox.
- 20:40, Sub 16 (2011 - 2012); 1000m aprox.
- 20:40, Inclusiva Escolar - 1000m aprox.
- 20:50, Sub 14 (2013 - 2014); 1000m aprox.
- 21:00, Sub 12 (2015 - 2016); 500m aprox.
- 21:10, Sub 10 (2017 – 2018); 500m aprox.
- 21:20, Sub 8 (2019 - 2020); 300m aprox.
- 21:30, Sub 6, (Pitufos), (2021 – 2022 - 2023); 120m aprox.
- 21:35, Sub 3, (Biberóns), (2024 – 2025 - 2026); 80m aprox.
CATEGORÍA ABSOLUTA 10K. Saida as 22h
- Senior: 1992 ata o 2008.
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
- ABSOLUTA 10K. 3 PRIMEIR@S DA XERAL.
CATEGORÍA ABSOLUTA 5K : Saida as 22h
- ABSOLUTA 5K. 3 PRIMEIR@S DA XERAL.
- INCLUSIVA ABSOLUTA*: 1º clasificado e 1ª clasificada.
*Os atletas Sub 18 poderán participar na carreira, 5K ou 10K, (entrando a participar na categoría (Sub 20/23), no caso do 10Km e na absoluta no 5km).
CATEGORÍA INCLUSIVA
Habera unha categoría para atletas con discapacidade. Será unha categoría:
Opción A.- Categoría inclusiva escolar (masc. e fem). Os participantes a esta categoría farán o percorrido da categoría sub 18 - sub 16: 1º clasificado e 1ª clasificada
Opción B.- Categoría inclusiva absoluta (masc. e fem). Os participantes a esta categoría faran o percorrido do 5 Km: 1º clasificado e 1ª clasificada.
Unha vez feita a inscripción deberán comunicar esta circunstancia á organización por correo electrónico (milerunningclub@gmail.com), se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
*(Os premios da xeral e das diferentes categorías serán acumulativos).
SERVIZOS O DEPORTISTA:
https://spikessc.com/collections/servicios-10k25
INSCRIPCION E PRAZOS.
https://spikessc.com/collections/inscripciones-10k25
PERCORRIDO.
https://spikessc.com/collections/recorrido-10k25
ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:30 h. aprox.) na Alameda Marín.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” ,e das categorías “Sub-18” , “Sub-16´´ e “Sub-14”.
- As categorías Sub-4, Sub-6, Sub-8, Sub-10 e Sub-12 non serán competitivas, recibirán todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
- Categoría inclusiva escolar: Haberá trofeo para o 1º clasificado e trofeo para a 1ª clasificada da categoría.
- Categoría inclusiva 10k: Haberá trofeo para o 1º clasificado e trofeo para a 1ª clasificada da categoría.
*As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.
CANCELACIÓNS.
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolvera o importe da inscrición en ningún caso salvo baixa médica acreditada, presentada antes do 6 de xullo (incluído) e enviada a milerunningclub@gmail.com En caso contrario, non se fará o reembolso. A devolución do importe será do 50% do importe pago.
NORMAS XERAIS.
A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.
Toda a proba estará controlada dun Chip que se entregará a cada corredor.
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS.
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
RESPONSABILIDADE.
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
RECLAMACIÓNS.
As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
LOPD.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 15008 A Coruña.
COMPROMISO.
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
CAMBIOS NO REGULAMENTO.
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
CONSIDERACIÓN FINAL.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e WA en vigor e por esta orde para probas en ruta.
PARA MAIS INFORMACIÓN.
Teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub@gmail.com
Lo sentimos, no hay productos que coincidan con su búsqueda.