Colección: REGULAMENTO CARMIÑA CARREIRA’26

V EDICIÓN. CARMIÑA Carreira.

DATA: Domingo, 14 de XUÑO de 2026.

HORA: CARMIÑA 10:00 horas - MINICARMIÑA 10:30.

LUGAR DA SAÍDA:

- PRAIA DE LAPAMÁN: Carmiña.

- PRAIA DE AGUETE: MiniCarmiña

LUGAR DA META: PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO.

DISTANCIA: Carmiña 10.600m aprox. / Mini-Carmiña 5,4km.

ORGANIZA: Concello de Marín.

INSCRICIÓN: ata o domingo, 30 de maio ás 23:59 horas ou ata fin de inscrición: www.emesports.es 

INSCRICIÓN MÁXIMA DE PARTICIPACIÓN:

450 absolutos - 350 escolares

REGULAMENTO XERAL

A CARMIÑA Carreira, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Marín, celebrarase o vindeiro domingo, 14 de XUÑO dende a 10:00 horas, con saída NA PRAIA DE LAPAMÁN e chegada no PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO. Terá un percorrido total de 10,6km.

Ademais realizarase tamén a IV Mini-Carmiña que constará duns 5,4km aprox, que terá saída na praia de AGUETE o lado máis proximo o PORTO DEPORTIVO DE AGUETE.

CATEGORÍAS E DISTANCIAS.

CATEGORÍAS CARMIÑA (10,6km): 

  • Senior: 1992 ata o 2008.

  • Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.

  • Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.

  • Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.

  • Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.

  • ABSOLUTA 10K. 3 PRIMEIR@S DA XERAL.

CATEGORÍAS MINI-CARMIÑA (5,4km):

  • ABSOLUTA: 3 PRIMEIR@S DA XERAL.
  • INCLUSIVA ABSOLUTA: masculina e femenina.

 

CATEGORÍA MENORES.

Haberá diferentes saídas adaptadas a distancias e idades.

Non será unha proba competitiva, e non haberá premios pero si terán medalla para todos os participantes que estean inscritos, unha camiseta de regalo e a bolsa do corredor.

Servizos categoría escolar:

  • Medalla, Camiseta, Bolsa de corredor.
  • Sorteo de regalos o vales deportivos.

SAÍDA/META:

No paseo Alcalde Antonio Blanco.

HORARIOS, DISTANCIAS E IDADES:

  • 11:50, Sub 18  (2009-2010); 1200m aprox.

  • 11:50, Sub 16  (2011-2012); 1200m aprox.

  • 11:50, Inclusiva Escolar; 1200m aprox.

  • 12:00, Sub 14 (2013 – 2014);  1200m aprox.

  • 12:10, Sub 12 (2015 – 2016); 600m aprox.

  • 12:20, Sub 10 (2017 – 2018); 600m aprox.

  • 12:30, Sub 8 (2019 – 2020); 300m aprox.

  • 12:40, SUB 6 (2021 – 2022 - 2023); 120m aprox.

  • 12:45, SUB 3 (2024 - 2025 - 2026); 80m aprox.

Os atletas Sub 18 poderán participar na carreira Mini-Carmiña (5.4Km), entrando a participar na categoría absoluta coma o resto de participantes. 

 

CATEGORÍA INCLUSIVA*: Haberá unha categoría especial:

Opción A.- Categoría inclusiva escolar.  Os participantes a esta categoría farán o percorrido da categoría sub 18 - sub 16. NON COMPETITIVA.

Opción B.- Categoría inclusiva absoluta (masc. e fem.).  Os participantes a esta categoría farán o percorrido do 5 Km: 1º clasificado e 1ª clasificada.

 

- SERVICIOS DEPORTISTA 

 https://spikessc.com/collections/servicios-carmina25

- INSCRICIÓN E PRAZOS.

https://spikessc.com/collections/inscripciones-carmina25 

- PERCORRIDO.

https://spikessc.com/collections/recorrido-carmina25 

- SERVICIO DE AUTOBUSES.

Haberá un servizo de autobuses para desprazar os corredores a liña de saída (antes da carreira). Cada corredor terá que solicitar este servizo no momento que realice a inscrición. Este servizo terá un custo de 1€ a maiores da inscrición.

IMPORTANTE: A entrega de dorsais darase no punto de meta, antes do desprazamento a saída.

- SERVICIO DE GARDARROUPA.

Haberá servizo de gardarroupa no punto de recollida de dorsais (na meta – recomendable) e no punto de saída, na praia de Lapamán e para os que fagan a MiniCarmiña no cruce que baixa entre o vial das parias e o porto deportivo.

- ENTREGA DE PREMIOS.

A entrega de premios será no PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO e comenzará sobre as 12:45 horas (aprox.).

Tódolos premiados deberán de estar presentes na entrega de premios. De non ser así, entenderase que renuncian ós premios acadados.

Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.

 - TROFEOS E PREMIOS.

  • Medallas ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría
  • Medalla ós/ás tres primeiros/as marinenses.
  • Medalla o corredor/a de maior idade.
  • PREMIOS MINI CARMIÑA:
  • Medallas ós/ás tres primeiros/as clasificados/as absolutos.

- CANCELACIÓNS.

A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolvera o importe da inscrición en ningún caso salvo baixa médica acreditada, presentada antes do 17 de maio (incluído) e enviada a milerunningclub@gmail.com En caso contrario, non se fará o reembolso. A devolución do importe será do 50% do importe pago.

- NORMAS XERAIS.

 A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:

Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.

Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun Chip que se entregará a cada corredor.

Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.

A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

- UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS

As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.

Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento-

- RESPONSABILIDADES.

A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

- RECLAMACIÓNS.

As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.

- LOPD.

Cada participante rexistrado declara o seguinte: “Estou en saúde óptima para participar na Carreira Carmiña. Durante o desenvolvemento da competición contribuirei o máximo posible coa Organización. Ademais, exento de toda responsabilidade a Organización, patrocinadores ou outras institucións participantes por calquera accidente ou lesión que poida sufrir antes, durante e / ou despois do evento deportivo, xa renunciando a calquera acción legal contra calquera das devanditas entidades.

Tamén autorizo á Organización a facer uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida aparecer, aceptando a publicación do meu nome na clasificación de probas, nos medios de comunicación e / ou en Internet, sen esperar ningún pago, compensación ou remuneración por este concepto ”. Segundo o L.O. 15/1999, informámosche de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo xerente é MILER RUNNING CLUB con domicilio social na Avenida Jaime Janer 61-bajo 36900 Marín (Pontevedra). O obxectivo deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos dos atletas ligados ao club. Se desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, pode facelo escribindo ao enderezo indicado, achegando unha fotocopia do seu ID.

COMPROMISO.

A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.

- CAMBIOS NO REGULAMENTO.

A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.

- CONSIDERACIÓN FINAL.

Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da WA en vigor e por esta orde para probas en ruta.

- PARA MAIS INFORMACIÓN.

Teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub@gmail.com

0 artículos

Lo sentimos, no hay productos que coincidan con su búsqueda.